Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de maio de 2024

PROXECTO DE INCLUSIÓN. CARTELERÍA DO CENTRO EN LINGUA DE SIGNOS, PICTOGRAMAS E LINGUAXE BRAILLE

  O eixo que rexe e rexerá o noso traballo é a inclusión, isto é, pór en valor a discapacidade como capacidade. Este pulo foi o que nos moveu a pór a cartelería do noso centro accesíbel a toda a comunidade educativa. Para realizar esta tarefa ilusionante recorremos á lingua de signos, aos pictogramas e á linguaxe braille. 

     Agardamos que gocedes tanto do produto final como fixemos nós durante todo o proceso de creación ao longo deste curso académico na mateira de Proxecto Competencial nos grupos de 1º ESO. 

    A implicación, a participación, a cooperación e o traballo en equipo foi esencial para acadar este resultado. Apostamos polas actividades motivadoras e compensadoras para o alumnado con dificultades, no marco da interdiciplinariedade. Aprendemos a aprender.

    Na Sardiñeira hai equipo!!


Pictogramas e lingua de signos de Libia

domingo, 19 de maio de 2024

CANCIÓN SIGNADA. FÁBRICA DE LUZ, A BANDA DA LOBA

    Velaquí a primeira parte do resultado final do Proxecto de inclusión realizado ao longo deste curso escolar no noso centro. 
    O dito proxecto non sería posible sen a estreita colaboración entre o Departamento de Orientación, a profesora de lingua de signos e as docentes da materia de Proxecto Competencial. 

    Este traballo multidisciplinar fixo posible a gravación dunha das cancións de A banda da Loba, Fábrica de luz. No Equipo de Convivencia e Benestar Emocional do noso IES estamos convencidos de que ese ten ser o fin que debe rexer o noso traballo dentro da aula, xerar luz. 

    Con esta humilde inciativa pretendemos tamén irmandar a cultura e a música galega coa diversidade e a inclusión, que nos caracteriza como centro educativo e que nos fai máis grandes. 

    Infinito o noso agradecemento para A banda da Loba por nos permitir empregar a súa canción e pola mensaxe tan agarimosa dirixida á nosa rapazada.

Vídeo Cine Película Sesión Evento Cuenta Atrás Ilustrado Retro Burdeos de Libia

sábado, 11 de maio de 2024

A EXPOSICIÓN "AS LETRAS NA SARDIÑEIRA"

    No equipo de Convivencia e Benestar Emocional temos a certeza de que traballo colaborativo e as dinámicas grupais son determinantes para acadar positivos resultados. 

     Neste caso as letras foron o eixo arredor do cal xirou o noso traballo. Convivir é compartir, colaborar, cooperar, participar, sumar...e cando todos nós asumimos ese rol, este é o resultado!!
Exposición As letras na Sardiñeira de Libia

NO EQUIPO DE CONVIVENCIA TAMÉN CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

Cuenta atráVideo para Youtube Cuenta Atrás Intro Elegante Gris de Libia

luns, 26 de febreiro de 2024

PROXECTO DE INCLUSIÓN EN 1º ESO


Desde o Departamento de Orientación e o Equipo de Convivencia e Benestar Emocional do IES A Sardiñeira apostamos pola inclusión no noso centro como cerne da convivencia. 

O grupos de 1º ESO están moi implicados e son moi activos no desenvolvemento destas dinámicas. 

Xa queda menos para ver os resultados.... de seguro que vai merecer a pena a espera!




SEGUIMOS AVANZANDO EN MEDIACIÓN...VISIBILIZAMOS O PROXECTO NO CENTRO

 


martes, 21 de marzo de 2023

FASE DE PRODUCIÓN DO EQUIPO DE MEDIACIÓN

Seguimos medrando... Estamos a lle dar voltas ao noso maxín, para perfilar as vindeiras liñas de actuación do Equipo de Mediación. 

Desta volta estivo a bulir no noso imaxinario como enfocar as presentacións culturais do centro, a xornada de recepción dos novos compañeiros, o noso logo, a análise e revisión das mediacións realizadas, as futuras liñas de actuación do equipo na vida do centro...

As responsabilidades e obrigas académicas non merman o interese e a implicación do noso alumnado con respecto ao proxecto que están a construír!! 
Grazas ás moreas!!
Equipo de Mediación en fase de produción (marzo 2023) de Libia Equipo de Mediación en fase de produción (marzo 2023) de Libia

luns, 30 de xaneiro de 2023

A VALORACIÓN FINAL DO PROXECTO DE MEDIACIÓN


  • Número de casos para os que se solicita mediación
  • Número de mediacións que son solicitadas desde o equipo directivo do centro
  • Número de mediacións que son solicitadas polo alumnado
  • Número de mediacións que son solicitadas polas familias
  • Número de mediacións que son solicitadas polo propio alumnado
  • Número de casos que foron resoltos mediante mediación

sábado, 12 de novembro de 2022

O SENTIDO DA MEDIACIÓN NO IES A SARDIÑEIRA

O SENTIDO DA MEDIACIÓN NO IES A SARDIÑERIA

A mediación entre iguais é unha forma de aprender resolver conflitos mediante estratexias cooperativas e colaborativas, favorecedoras dun clima de convivencia positivo. A mediación, unha vez implementada no centro, promove un clima diferente para a convivencia. Cada mediación supón unha oportunidade de aprendizaxe para os alumnos/as que acoden como partes nun conflito, aprenden afrontalos de forma pacífica. Isto fai que, en conflitos similares, tanto no ámbito escolar como familiar, de lecer… dispoñan duns coñecementos que aplicarán cada vez con menos axuda e de forma máis natural.

A mediación, en ningún caso, suporá intervir en casuísticas de agresións entre iguais, casos de acoso escolar, e/ou procedementos graves, para os cales temos xa establecidos protocolos concretos de actuación.

A formación debe estar precedida da elección do que será o alumnado mediador do noso centro, aspecto que debe acompañarse da voluntariedade do alumnado para participar, da autorización da familia e da escolla tamén por parte dos seus iguais.

Procuraremos que o grupo a formar sexa heteroxéneo e representativo de todo o alumnado.
Pretendemos:
  • Formar a un grupo elixido de alumnos e alumnas na técnica de mediación entre iguais.
  • Fomentar un clima socioafectivo enriquecedor entre as persoas que acoden á mediación.
  • Desenvolver no alumnado actitudes asertivas no tratamento dos conflitos.
  • Desenvolver a capacidade de diálogo e a mellora das habilidades comunicativas, sobre todo as relacionadas con escoita activa.
  • Mellorar as relacións interpersoais.
  • Axudar á resolución pacífica de conflitos con menos custos e nun clima de aprendizaxe.
  • Reducir o número de sancións e de expulsións no centro educativo.

martes, 1 de novembro de 2022

PORQUE É IMPORTANTE A MEDIACIÓN ESCOLAR NOS CENTROS EDUCATIVOS?

PORQUE É IMPORTANTE A MEDIACIÓN ESCOLAR NOS CENTROS EDUCATIVOS?

A introdución dun programa de mediación escolar nun centro educativo favorece e mellora a convivencia. Isto vese reflectido nunha serie de consecuencia e feitos de carácter obxectivo:

  • Facilita un ambiente máis distendido no centro educativo.

  • Favorece a preocupación polos demais.

  • Busca estratexias para solucionar os problemas de forma non violenta.

  • Mellora as habilidades sociais.

  • Favorece a comunicación entre omembros da comunidade educativa.

  • Oconflitos tenden a diminuír.

  • Búscanse outras alternativas ás sancións regulamentarias.

  • Axuda a que haxa unha maior implicación da comunidade educativa no centro escolar.

  • Favorece que haxa unhmaior responsabilidade no alumnado (implícanse no funcionamento do centro).

  • Diminúe o número de expedientes disciplinarios.

  • Favorece o pensamento reflexivo, creativo e crítico.

luns, 31 de outubro de 2022

O PROXECTO DA MEDIACIÓN ESCOLAR NO IES A SARDIÑEIRA


  • O PROXECTO DA MEDIACIÓN ESCOLAR NO IES A SARDIÑEIRA

  • No mes de decembro de 2022 comezamos a andaina da formación en mediación no instituto.

  • A mediación escolar está deseñada co propósito de achegar coñecementos e competencias para a formación en mediación de conflitos a un equipo de mediación escolar de recente creación no centro. 

  • O fin último é que o equipo de mediación poida comezar a súa actividade e mediar nos conflitos existentes no instituto.

  • O funcionamento do equipo de mediación tamén é outro dos piares desta etapa formativa.

  • Neste período de formación traballaremos aspectos básicos relativos ao conflito, as emocións e a comunicación, para profundar, despois, na mediación. Primaremos, sobre todo, a parte práctica. 

    Obxectivos definidos para a etapa da formación en mediación escolar
    • Comprender e aprender a recoñecer os conflitos, indagando nas crenzas e coñecementos previos.

    • Indagar no conflito, en como se produce e nas actitudes que podemos ter ante el.

    • Reflexionar de xeito crítico acerca das tendencias persoais en relación aos conflitos.

    • Desenvolver habilidades para a comunicación emocional.

    • Familiarizarse coa historia das emocións.

    • Explorar as emocións en torno ao conflito.

    • Traballar a empatía.

    • Reflexionar acerca da importancia da empatía para exercer como mediadoras/es.

    • Revisar os pasos básicos da comunicación non violenta.

    • Revisar o concepto da mediación escolar, así como os seus principios e fases.

    • Coñecer e practicar estratexias para a mediación.

    • Experimentar(nos) como mediadores/as.

    • Identificar as necesidades, fortalezas e límites persoais en relación á mediación de conflitos.

    • Recoñecer os conflitos habituais do centro.

    • Experimentar(nos) como mediadores/as a partir de conflitos reais.

    • Reflexionar sobre a utilidade da mediación escolar.

    • Poñer en común ideas e chegar a consensos acerca do funcionamento do equipo de mediación, reflexionando de xeito crítico sobre o mesmo.

    • Repasar e practicar todas as cuestións vistas nas sesións.

    • Reflexionar sobre o propio proceso de aprendizaxe.

    Contidos que traballaremos
    • O sistema de crenzas en torno ao conflito

    • O concepto de conflito e os seus elementos básicos

    • A vivencia persoal do conflito

    • A escalada dos conflitos: fases e factores

    • As actitudes ante o conflito e as súas implicacións

    • A reflexión persoal en torno ao conflito

    • O recoñecemento e identificación das emocións

    • A función das emocións e o seu papel no conflito

    • O concepto e a práctica da empatía

    • A comunicación non violenta como esquema comunicativo e ferramenta para a transformación pacífica do conflito

    • A mediación de conflitos: concepto, fin, principios e fases

    • As habilidades e estratexias para a mediación de conflitos

    • A práctica da mediación a partir de role-playing

    • A reflexión persoal en torno ao rol da mediación

    • A exploración das necesidades, fortalezas e límites persoais para a mediación

    • A reflexión grupal en torno aos conflitos habituais no centro

    • A práctica da mediación a partir de role-playing baseados nos conflitos presentes no centro

    • A reflexión persoal en torno á mediación

    • O funcionamento do equipo de mediación e a reflexión crítica en torno ao mesmo

    • A revisión e a práctica de tódalas cuestións relacionadas coa mediación tratadas nas tres sesións anteriores

    • A crítica sobre o proceso de aprendizaxe: as competencias adquiridas e as eivas detectadas para continuar o proceso de crecemento persoal como mediador ou mediadora

    Metodoloxía

    As sesións de formación terán un carácter participativo, práctico e lúdico. Aínda que se tratarán conceptos teóricos e haberá momentos expositivos, serán os menos. Mesturaranse as partes teóricas con dinámicas que permitan que a rapazada sexa, en todo momento, protagonista da aprendizaxe e que lle resulte atraínte e interesante estar na aula. Empregarase o debuxo, un xogo de escape, teatralización… E, por suposto, moito role-playing, para que as persoas participantes practiquen o proceso e se vexan así mesmas como mediadoras.

    Ademais, procurarase partir dos seus intereses e das súas experiencias. Combinarase o exercicio persoal, con dinámicas en pequeno grupo e en gran grupo.