Velaquí a primeira parte do resultado final do Proxecto de inclusión realizado
ao longo deste curso escolar no noso centro.
O dito proxecto non sería posible
sen a estreita colaboración entre o Departamento de Orientación, a profesora de
lingua de signos e as docentes da materia de Proxecto Competencial.
Este
traballo multidisciplinar fixo posible a gravación dunha das cancións de A banda
da Loba, Fábrica de luz. No Equipo de
Convivencia e Benestar Emocional do noso IES estamos convencidos de que ese ten
ser o fin que debe rexer o noso traballo dentro da aula, xerar luz.
Con esta
humilde inciativa pretendemos tamén irmandar a cultura e a música galega coa diversidade
e a inclusión, que nos caracteriza como centro educativo e que nos fai máis
grandes.
Infinito o noso agradecemento para A banda da Loba por nos permitir empregar a súa canción e pola mensaxe tan agarimosa dirixida á nosa rapazada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario