O PROXECTO DA MEDIACIÓN ESCOLAR NO IES A SARDIÑEIRANo mes de decembro de 2022 comezamos a andaina da formación en mediación no instituto.
A mediación escolar está deseñada co propósito de achegar coñecementos e competencias para a formación en mediación de conflitos a un equipo de mediación escolar de recente creación no centro.
O fin último é que o equipo de mediación poida comezar a súa actividade e mediar nos conflitos existentes no instituto.
O funcionamento do equipo de mediación tamén é outro dos piares desta etapa formativa.
-
Neste período de formación traballaremos aspectos básicos relativos ao conflito, as emocións e a comunicación, para profundar, despois, na mediación. Primaremos, sobre todo, a parte práctica.
Obxectivos definidos para a etapa da formación en mediación escolarComprender e aprender a recoñecer os conflitos, indagando nas crenzas e coñecementos previos.
Indagar no conflito, en como se produce e nas actitudes que podemos ter ante el.
Reflexionar de xeito crítico acerca das tendencias persoais en relación aos conflitos.
Desenvolver habilidades para a comunicación emocional.
Familiarizarse coa historia das emocións.
Explorar as emocións en torno ao conflito.
Traballar a empatía.
Reflexionar acerca da importancia da empatía para exercer como mediadoras/es.
Revisar os pasos básicos da comunicación non violenta.
Revisar o concepto da mediación escolar, así como os seus principios e fases.
Coñecer e practicar estratexias para a mediación.
Experimentar(nos) como mediadores/as.
Identificar as necesidades, fortalezas e límites persoais en relación á mediación de conflitos.
Recoñecer os conflitos habituais do centro.
Experimentar(nos) como mediadores/as a partir de conflitos reais.
Reflexionar sobre a utilidade da mediación escolar.
Poñer en común ideas e chegar a consensos acerca do funcionamento do equipo de mediación, reflexionando de xeito crítico sobre o mesmo.
Repasar e practicar todas as cuestións vistas nas sesións.
Reflexionar sobre o propio proceso de aprendizaxe.
O sistema de crenzas en torno ao conflito
O concepto de conflito e os seus elementos básicos
A vivencia persoal do conflito
A escalada dos conflitos: fases e factores
As actitudes ante o conflito e as súas implicacións
A reflexión persoal en torno ao conflito
O recoñecemento e identificación das emocións
A función das emocións e o seu papel no conflito
O concepto e a práctica da empatía
A comunicación non violenta como esquema comunicativo e ferramenta para a transformación pacífica do conflito
A mediación de conflitos: concepto, fin, principios e fases
As habilidades e estratexias para a mediación de conflitos
A práctica da mediación a partir de role-playing
A reflexión persoal en torno ao rol da mediación
A exploración das necesidades, fortalezas e límites persoais para a mediación
A reflexión grupal en torno aos conflitos habituais no centro
A práctica da mediación a partir de role-playing baseados nos conflitos presentes no centro
A reflexión persoal en torno á mediación
O funcionamento do equipo de mediación e a reflexión crítica en torno ao mesmo
A revisión e a práctica de tódalas cuestións relacionadas coa mediación tratadas nas tres sesións anteriores
A crítica sobre o proceso de aprendizaxe: as competencias adquiridas e as eivas detectadas para continuar o proceso de crecemento persoal como mediador ou mediadora
As sesións de formación terán un carácter participativo, práctico e lúdico. Aínda que se tratarán conceptos teóricos e haberá momentos expositivos, serán os menos. Mesturaranse as partes teóricas con dinámicas que permitan que a rapazada sexa, en todo momento, protagonista da aprendizaxe e que lle resulte atraínte e interesante estar na aula. Empregarase o debuxo, un xogo de escape, teatralización… E, por suposto, moito role-playing, para que as persoas participantes practiquen o proceso e se vexan así mesmas como mediadoras.
Ademais, procurarase partir dos seus intereses e das súas experiencias. Combinarase o exercicio persoal, con dinámicas en pequeno grupo e en gran grupo.
luns, 31 de outubro de 2022
O PROXECTO DA MEDIACIÓN ESCOLAR NO IES A SARDIÑEIRA
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
PRESENTACIÓN DA CANCIÓN SIGNADA POLO ALUMNADO DE PC, FÁBRICA DE LUZ (A BANDA DA LOBA)
Cartaz presentación video LS de Veronica
-
Graduación do equipo de Mediación de Libia
-
Cuenta atráVideo para Youtube Cuenta Atrás Intro Elegante Gris de Libia
-
No equipo de Convivencia e Benestar Emocional temos a certeza de que traballo colaborativo e as dinámicas grupais son determinantes para aca...
Ningún comentario:
Publicar un comentario