luns, 31 de outubro de 2022

TRÍPTICO DA MEDIACIÓN NO IES A SARDIÑEIRA

 

Mediación IES A Sardiñeira (Libia) de Veronica

O PROXECTO DA MEDIACIÓN ESCOLAR NO IES A SARDIÑEIRA


  • O PROXECTO DA MEDIACIÓN ESCOLAR NO IES A SARDIÑEIRA

  • No mes de decembro de 2022 comezamos a andaina da formación en mediación no instituto.

  • A mediación escolar está deseñada co propósito de achegar coñecementos e competencias para a formación en mediación de conflitos a un equipo de mediación escolar de recente creación no centro. 

  • O fin último é que o equipo de mediación poida comezar a súa actividade e mediar nos conflitos existentes no instituto.

  • O funcionamento do equipo de mediación tamén é outro dos piares desta etapa formativa.

  • Neste período de formación traballaremos aspectos básicos relativos ao conflito, as emocións e a comunicación, para profundar, despois, na mediación. Primaremos, sobre todo, a parte práctica. 

    Obxectivos definidos para a etapa da formación en mediación escolar
    • Comprender e aprender a recoñecer os conflitos, indagando nas crenzas e coñecementos previos.

    • Indagar no conflito, en como se produce e nas actitudes que podemos ter ante el.

    • Reflexionar de xeito crítico acerca das tendencias persoais en relación aos conflitos.

    • Desenvolver habilidades para a comunicación emocional.

    • Familiarizarse coa historia das emocións.

    • Explorar as emocións en torno ao conflito.

    • Traballar a empatía.

    • Reflexionar acerca da importancia da empatía para exercer como mediadoras/es.

    • Revisar os pasos básicos da comunicación non violenta.

    • Revisar o concepto da mediación escolar, así como os seus principios e fases.

    • Coñecer e practicar estratexias para a mediación.

    • Experimentar(nos) como mediadores/as.

    • Identificar as necesidades, fortalezas e límites persoais en relación á mediación de conflitos.

    • Recoñecer os conflitos habituais do centro.

    • Experimentar(nos) como mediadores/as a partir de conflitos reais.

    • Reflexionar sobre a utilidade da mediación escolar.

    • Poñer en común ideas e chegar a consensos acerca do funcionamento do equipo de mediación, reflexionando de xeito crítico sobre o mesmo.

    • Repasar e practicar todas as cuestións vistas nas sesións.

    • Reflexionar sobre o propio proceso de aprendizaxe.

    Contidos que traballaremos
    • O sistema de crenzas en torno ao conflito

    • O concepto de conflito e os seus elementos básicos

    • A vivencia persoal do conflito

    • A escalada dos conflitos: fases e factores

    • As actitudes ante o conflito e as súas implicacións

    • A reflexión persoal en torno ao conflito

    • O recoñecemento e identificación das emocións

    • A función das emocións e o seu papel no conflito

    • O concepto e a práctica da empatía

    • A comunicación non violenta como esquema comunicativo e ferramenta para a transformación pacífica do conflito

    • A mediación de conflitos: concepto, fin, principios e fases

    • As habilidades e estratexias para a mediación de conflitos

    • A práctica da mediación a partir de role-playing

    • A reflexión persoal en torno ao rol da mediación

    • A exploración das necesidades, fortalezas e límites persoais para a mediación

    • A reflexión grupal en torno aos conflitos habituais no centro

    • A práctica da mediación a partir de role-playing baseados nos conflitos presentes no centro

    • A reflexión persoal en torno á mediación

    • O funcionamento do equipo de mediación e a reflexión crítica en torno ao mesmo

    • A revisión e a práctica de tódalas cuestións relacionadas coa mediación tratadas nas tres sesións anteriores

    • A crítica sobre o proceso de aprendizaxe: as competencias adquiridas e as eivas detectadas para continuar o proceso de crecemento persoal como mediador ou mediadora

    Metodoloxía

    As sesións de formación terán un carácter participativo, práctico e lúdico. Aínda que se tratarán conceptos teóricos e haberá momentos expositivos, serán os menos. Mesturaranse as partes teóricas con dinámicas que permitan que a rapazada sexa, en todo momento, protagonista da aprendizaxe e que lle resulte atraínte e interesante estar na aula. Empregarase o debuxo, un xogo de escape, teatralización… E, por suposto, moito role-playing, para que as persoas participantes practiquen o proceso e se vexan así mesmas como mediadoras.

    Ademais, procurarase partir dos seus intereses e das súas experiencias. Combinarase o exercicio persoal, con dinámicas en pequeno grupo e en gran grupo.   


Buzón para a mellora da convivencia e o benestar

Buzón para a mellora da convivencia e o benestar de Libia