sábado, 12 de novembro de 2022

O SENTIDO DA MEDIACIÓN NO IES A SARDIÑEIRA

O SENTIDO DA MEDIACIÓN NO IES A SARDIÑERIA

A mediación entre iguais é unha forma de aprender resolver conflitos mediante estratexias cooperativas e colaborativas, favorecedoras dun clima de convivencia positivo. A mediación, unha vez implementada no centro, promove un clima diferente para a convivencia. Cada mediación supón unha oportunidade de aprendizaxe para os alumnos/as que acoden como partes nun conflito, aprenden afrontalos de forma pacífica. Isto fai que, en conflitos similares, tanto no ámbito escolar como familiar, de lecer… dispoñan duns coñecementos que aplicarán cada vez con menos axuda e de forma máis natural.

A mediación, en ningún caso, suporá intervir en casuísticas de agresións entre iguais, casos de acoso escolar, e/ou procedementos graves, para os cales temos xa establecidos protocolos concretos de actuación.

A formación debe estar precedida da elección do que será o alumnado mediador do noso centro, aspecto que debe acompañarse da voluntariedade do alumnado para participar, da autorización da familia e da escolla tamén por parte dos seus iguais.

Procuraremos que o grupo a formar sexa heteroxéneo e representativo de todo o alumnado.
Pretendemos:
  • Formar a un grupo elixido de alumnos e alumnas na técnica de mediación entre iguais.
  • Fomentar un clima socioafectivo enriquecedor entre as persoas que acoden á mediación.
  • Desenvolver no alumnado actitudes asertivas no tratamento dos conflitos.
  • Desenvolver a capacidade de diálogo e a mellora das habilidades comunicativas, sobre todo as relacionadas con escoita activa.
  • Mellorar as relacións interpersoais.
  • Axudar á resolución pacífica de conflitos con menos custos e nun clima de aprendizaxe.
  • Reducir o número de sancións e de expulsións no centro educativo.

martes, 1 de novembro de 2022

PORQUE É IMPORTANTE A MEDIACIÓN ESCOLAR NOS CENTROS EDUCATIVOS?

PORQUE É IMPORTANTE A MEDIACIÓN ESCOLAR NOS CENTROS EDUCATIVOS?

A introdución dun programa de mediación escolar nun centro educativo favorece e mellora a convivencia. Isto vese reflectido nunha serie de consecuencia e feitos de carácter obxectivo:

  • Facilita un ambiente máis distendido no centro educativo.

  • Favorece a preocupación polos demais.

  • Busca estratexias para solucionar os problemas de forma non violenta.

  • Mellora as habilidades sociais.

  • Favorece a comunicación entre omembros da comunidade educativa.

  • Oconflitos tenden a diminuír.

  • Búscanse outras alternativas ás sancións regulamentarias.

  • Axuda a que haxa unha maior implicación da comunidade educativa no centro escolar.

  • Favorece que haxa unhmaior responsabilidade no alumnado (implícanse no funcionamento do centro).

  • Diminúe o número de expedientes disciplinarios.

  • Favorece o pensamento reflexivo, creativo e crítico.

Buzón para a mellora da convivencia e o benestar

Buzón para a mellora da convivencia e o benestar de Libia