sábado, 11 de maio de 2024

ACTUALIZACIÓN, AMPLIACIÓN E FORMACIÓN DO EQUIPO DE MEDIACIÓN

    O Equipo de Mediación do IES A Sardiñeira non deixa de se formar, actualizar e ampliar. O pasado mes de abril, especialistas na materia presentáronlle ao noso equipo os beneficios das prácticas restaurativas e dos círculos de diálogo no ámbito escolar. 
    Este vai ser o eixo do noso traballo nas vindeiras intervencións. 
                                                
                                           Grazas Equipo, por tanto e tan bo traballo!!

domingo, 7 de abril de 2024

CONVIVINDO COA UNIVERSIDADE DE VIGO NO CAMPUS DE PONTEVEDRA

O pasado mércores 03 de abril, tivemos a oportunidade de visitar o Campus de Pontevedra, pertencente á Universidade de Vigo. Acompañamos ao alumnado de Bacharelato na visita, e foi unha experiencia moi enriquecedora.

Presentación de Recuerdos de Viajes Álbum de Recortes Beige de Veronica


Unha vez máis, a organización da actividade recoñece ao noso alumnado, felicitándonos polo seu comportamento e actitude na actividade. Orgullosas como docentes!

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR NO IES A SARDIÑEIRA

 Dende a volta das vacacións da Semana Santa, podedes atopar unha caixa laranxa na planta baixa do centro, que funciona a modo de correo, e a través dela poderás comunicar ou denunciar situacións de acoso escolar ou ciberacoso.


Ante o acoso escolar, tolerancia cero.

luns, 26 de febreiro de 2024

PROXECTO DE INCLUSIÓN EN 1º ESO


Desde o Departamento de Orientación e o Equipo de Convivencia e Benestar Emocional do IES A Sardiñeira apostamos pola inclusión no noso centro como cerne da convivencia. 

O grupos de 1º ESO están moi implicados e son moi activos no desenvolvemento destas dinámicas. 

Xa queda menos para ver os resultados.... de seguro que vai merecer a pena a espera!




SEGUIMOS AVANZANDO EN MEDIACIÓN...VISIBILIZAMOS O PROXECTO NO CENTRO

 


mércores, 21 de febreiro de 2024

XORNADA DE ACOLLIDA PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA

  

O alumnado de primaria dos CEIP José Cornide Saavedra, Wenceslao Fernández Flórez e Rosalía de Castro estivo de visita para coñecer o noso centro. Foron recibidos e guiados polos nosos mediadores e mediadoras e recorreron as instalacións e xardíns do instituto. Para rematar disfrutaron dun tempo de lecer cos antigos compañeiros que agora están en 1º da ESO.

Agardamos que todos e todas pasásedes unha grata xornada.