domingo, 7 de abril de 2024

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR NO IES A SARDIÑEIRA

 Dende a volta das vacacións da Semana Santa, podedes atopar unha caixa laranxa na planta baixa do centro, que funciona a modo de correo, e a través dela poderás comunicar ou denunciar situacións de acoso escolar ou ciberacoso.


Ante o acoso escolar, tolerancia cero.

luns, 26 de febreiro de 2024

PROXECTO DE INCLUSIÓN EN 1º ESO


Desde o Departamento de Orientación e o Equipo de Convivencia e Benestar Emocional do IES A Sardiñeira apostamos pola inclusión no noso centro como cerne da convivencia. 

O grupos de 1º ESO están moi implicados e son moi activos no desenvolvemento destas dinámicas. 

Xa queda menos para ver os resultados.... de seguro que vai merecer a pena a espera!




SEGUIMOS AVANZANDO EN MEDIACIÓN...VISIBILIZAMOS O PROXECTO NO CENTRO

 


mércores, 21 de febreiro de 2024

XORNADA DE ACOLLIDA PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA

  

O alumnado de primaria dos CEIP José Cornide Saavedra, Wenceslao Fernández Flórez e Rosalía de Castro estivo de visita para coñecer o noso centro. Foron recibidos e guiados polos nosos mediadores e mediadoras e recorreron as instalacións e xardíns do instituto. Para rematar disfrutaron dun tempo de lecer cos antigos compañeiros que agora están en 1º da ESO.

Agardamos que todos e todas pasásedes unha grata xornada.



domingo, 25 de xuño de 2023

ENTREGA DE ORLAS AO EQUIPO DE MEDIACIÓN

O presente curso está piques de rematar, e con el o excelente traballo desenvolvido polos 15 integrantes do equipo de mediación. Traballaron arreo ata a última semana do curso, semana que pechamos coa derradeira sesión de mediación. 

O centro e as docentes responsables do equipo quixemos recoñecer a calidade do seu traballo, a implicación na súa realización e o entusiasmo no seu desempeño cun pequeno acto de entrega de orlas e posterior celebración na cafetería do centro coa degustación dun suculento almorzo, que con tanto agarimo nos prepara Diego. 

Parabéns, equipo!!! Imos coller folgos no verán e en setembro volvemos con máis enerxía e novas vías de actuación... 

Na Sardiñeira hai equipo!!!













martes, 6 de xuño de 2023

O ALUMNADO DE 6º EP VISITA O INSTITUTO

O pasado venres 2 de xuño, o alumnado do CEIP Wenceslao Fernández Flórez e do CEIP José Cornide Saavedra, viñeron visitarnos ao centro. Na xornada, o alumnado mediador exerceu de guía da visita, ofrecéndolles consellos para sobrelevar a nova etapa académica, ao tempo que os compañaron na visita polas diferentes instalacións.

Como non pode ser doutro xeito, a mañá tivo o seu peche de ouro na cafetaría, cos riquísimos bocatas de tortilla que nos fai Diego, e no patio, no que compartiron algúns minutiños cos seus futuros compis!

O certo é que foi unha mañá fermosa! Agardo que para eles e elas fose tan agradeble como para nós! (Pensamos que si, porque algún quería quedar xa no centro....)

Grazas aos nosos estimados/as mediadores e mediadoras!!!








domingo, 7 de maio de 2023

POESÍA E GRAFFITI NO EQUIPO DE MEDIACIÓN

No eido da Semana Cultural que estamos a celebrar no noso instituto, tivemos a ben agasallar ao noso alumnado mediador e ao alumnado axudante da biblioteca cunha actividade dirixida por Dores Tembrás, que forma parte do grupo Apiario, para profundizar e partillar curiosidades arredor do mundo poético. 

Esta achega ao universo poético realizouse reparando nunha forma de comunicación representada por unha linguaxe que resulta moi próxima á xuventude actual: as pintadas nas rúas. 

Nesta xornada, a nosa rapazada aprendeu a analizar esas pintadas de corte poético reparando nas figuras retóricas, no espazo no que están feitas, nas súas grafías, na necisidade da brevidade como característica esencial, na precisión e nas constelacións poéticas, entre outros aspectos. 

É mester salientar a excelente acollida que tivo a dita actividade. A estas alturas do curso as emocións están a flor de pel e con tanta sensibilidade como eixo temático é e foi lóxico que deixaramos escapar algunhas bágoas.