martes, 21 de marzo de 2023

FASE DE PRODUCIÓN DO EQUIPO DE MEDIACIÓN

Seguimos medrando... Estamos a lle dar voltas ao noso maxín, para perfilar as vindeiras liñas de actuación do Equipo de Mediación. 

Desta volta estivo a bulir no noso imaxinario como enfocar as presentacións culturais do centro, a xornada de recepción dos novos compañeiros, o noso logo, a análise e revisión das mediacións realizadas, as futuras liñas de actuación do equipo na vida do centro...

As responsabilidades e obrigas académicas non merman o interese e a implicación do noso alumnado con respecto ao proxecto que están a construír!! 
Grazas ás moreas!!
Equipo de Mediación en fase de produción (marzo 2023) de Libia Equipo de Mediación en fase de produción (marzo 2023) de Libia

DECÁLOGO. USO DO TELÉFONO MÓBIL NO IES A SARDIÑEIRA

O alumnado de 3º ESO, na materia de Educación Dixital, recórdalle ao resto da comunidade educativa as normas de uso dos dispositivos móbiles...