luns, 26 de febreiro de 2024
PROXECTO DE INCLUSIÓN EN 1º ESO
mércores, 21 de febreiro de 2024
XORNADA DE ACOLLIDA PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA
O alumnado de primaria dos CEIP José Cornide Saavedra, Wenceslao Fernández Flórez e Rosalía de Castro estivo de visita para coñecer o noso centro. Foron recibidos e guiados polos nosos mediadores e mediadoras e recorreron as instalacións e xardíns do instituto. Para rematar disfrutaron dun tempo de lecer cos antigos compañeiros que agora están en 1º da ESO.
Agardamos que todos e todas pasásedes unha grata xornada.
domingo, 25 de xuño de 2023
ENTREGA DE ORLAS AO EQUIPO DE MEDIACIÓN
O presente curso está piques de rematar, e con el o excelente traballo desenvolvido polos 15 integrantes do equipo de mediación. Traballaron arreo ata a última semana do curso, semana que pechamos coa derradeira sesión de mediación.
O centro e as docentes responsables do equipo quixemos recoñecer a calidade do seu traballo, a implicación na súa realización e o entusiasmo no seu desempeño cun pequeno acto de entrega de orlas e posterior celebración na cafetería do centro coa degustación dun suculento almorzo, que con tanto agarimo nos prepara Diego.
Parabéns, equipo!!! Imos coller folgos no verán e en setembro volvemos con máis enerxía e novas vías de actuación...
Na Sardiñeira hai equipo!!!
martes, 6 de xuño de 2023
O ALUMNADO DE 6º EP VISITA O INSTITUTO
O pasado venres 2 de xuño, o alumnado do CEIP Wenceslao Fernández Flórez e do CEIP José Cornide Saavedra, viñeron visitarnos ao centro. Na xornada, o alumnado mediador exerceu de guía da visita, ofrecéndolles consellos para sobrelevar a nova etapa académica, ao tempo que os compañaron na visita polas diferentes instalacións.
Como non pode ser doutro xeito, a mañá tivo o seu peche de ouro na cafetaría, cos riquísimos bocatas de tortilla que nos fai Diego, e no patio, no que compartiron algúns minutiños cos seus futuros compis!
O certo é que foi unha mañá fermosa! Agardo que para eles e elas fose tan agradeble como para nós! (Pensamos que si, porque algún quería quedar xa no centro....)
Grazas aos nosos estimados/as mediadores e mediadoras!!!
domingo, 7 de maio de 2023
POESÍA E GRAFFITI NO EQUIPO DE MEDIACIÓN
No eido da Semana Cultural que estamos a celebrar no noso instituto, tivemos a ben agasallar ao noso alumnado mediador e ao alumnado axudante da biblioteca cunha actividade dirixida por Dores Tembrás, que forma parte do grupo Apiario, para profundizar e partillar curiosidades arredor do mundo poético.
Esta achega ao universo poético realizouse reparando nunha forma de comunicación representada por unha linguaxe que resulta moi próxima á xuventude actual: as pintadas nas rúas.
Nesta xornada, a nosa rapazada aprendeu a analizar esas pintadas de corte poético reparando nas figuras retóricas, no espazo no que están feitas, nas súas grafías, na necisidade da brevidade como característica esencial, na precisión e nas constelacións poéticas, entre outros aspectos.
É mester salientar a excelente acollida que tivo a dita actividade. A estas alturas do curso as emocións están a flor de pel e con tanta sensibilidade como eixo temático é e foi lóxico que deixaramos escapar algunhas bágoas.
mércores, 12 de abril de 2023
OBRADOIROS DE IGUALDADE CO ALUMNADO DE 1º ESO
Buscamos acadar os seguintes obxectivos:
- Identificar e analizar cuestións relacionadas coa (des)igualdade, sexismo e violencia de xénero presentes nalgúns contos, banda deseñada, música, publicidade, curtas etc., promovendo que eles e elas cren as súas propias historias.
- Identificar crenzas, roles e estereotipos que condicionen as súas actitudes e comportamento nas relacións interpersoais.
- Contribuír a unha sociedade onde primen valores de respecto, tolerancia e igualdade en relación coas diferenzas por razón de sexo, imaxe, orixe, raza, costumes culturais, capacidades físicas, intelectuais, identidade e orientación sexo-afectiva etc.
- Promover unha visión analítica, crítica e non estereotipada sobre a diversidade existente.
- Analizar a publicidade dun modo crítico, desenvolvendo a conciencia de como inflúe no consumo, analizando como condiciona a selección de produtos e como inflúe nas actitudes e condutas, segundo o sexo.
- Identificar formas de influír na contorna máis próxima, empoderando as e os mozos como protagonistas do cambio social.
- Reivindicar a riqueza da linguaxe oral e escrita non sexista para comunicarse.
- Facilitar coñecementos e técnicas que favorezan que o alumnado poida plasmar e facer realidade as súas propostas de modo gráfico ou artístico (deseñando as súas propias historias, ilustracións, guións, seleccionando exteriores, realizando gravacións).
CONVIVENCIA DOS EQUIPOS DO IES A SARDIÑEIRA (MEDIADORES, ALUMNADO AXUDANTE E ANTENAS XUVENÍS)
Acto final CONVIVENCIA de Libia
-
Acto final CONVIVENCIA de Libia
-
O Equipo de Mediación do IES A Sardiñeira non deixa de se formar, actualizar e ampliar. O pasado mes de abril, especialistas na materi...
-
O eixo que rexe e rexerá o noso traballo é a inclusión, isto é, pór en valor a discapacidade como capacidade. Este pulo foi o que nos move...